De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.
O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 3110000025 de Caixa Galicia, Urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18, 1º A Coruña.
Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.
A Coruña, 6 de outubro de 1998.
P.S. (Decreto 227/1998 de 10 de xullo)
María Silva Costoya
Secretaria Provincial da Coruña
ANEXO
expediente
infrinxido sancionadorNúmero
Denunciado DNI/CIF Enderezo Establecemento Precepto
Precepto
Sanción
988/1997 Carmen Almudena Orjales Fernández 32.664.026 Río tambre nº 17-19, 2ª Esq., Ferrol Ningures 26 e) LO 1/1992 28 LO 1/1992 Caducidade
862/1997 José Carlos Vázquez Varela 32.652.031 Sol nº 102, 2º, Ferrol El Cabazo 23 d) LO 1/1992 28 LO 1/1992 Caducidade
471/1998 José Mouro Pazos 33.273.312 Rúa do Carmen nº 19, Negreira Tintín 26 e) LO 1/1992 28 LO 1/1992 Sobreser
123/1998 José Luis López Oro Non consta Pla y Cancela nº 30, A Coruña Mesón Os Bocois 26 e) LO 1/1992 28 LO 1/1992 15.000 ptas.
124/1998 José Luis López Oro Non consta Pla y Cancela nº 30, A Coruña Mesón Os Bocois 23 m) LO 1/1992 28 LO 1/1992 Sobreser
9902