Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7024; XG-398, entre Busto e Carballo.

O acordo directivo do 30 xuño de 1998 autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor da empresa Autos Fernández Belmonte, S.L., por cesión do seu anterior titular, Ramón Fernández Belmonte.

O que se fai pública unha vez cumpridos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

9532