Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 23 de outubro de 1998 polo que se fai pública a convocatoria para selección temporal de diversos profesionais do Servicio de Prevención Central de Riscos Laborais do Servicio Galego de Saúde.

A resolución de convocatoria feita pola División de Recursos Humanos do Sergas e o baremo de aplicación atópase publicado nos taboleiros de anuncios de:

Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde.

Direccións provincias do Servicio Galego de Saúde.

Xerencias das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Para participar no citado proceso de selección temporal os interesados poderán presenta-la a súa solicitude correspondente perante a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sita no edificio administrativo en San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela ou nas delegacións provinciais desta consellería, así como nas direccións provinciais do Sergas e nos centros sanitarios dependentes do organismo, no prazo de 15 días naturais desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1998.

Valeriano Martínez García.

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde

9878