Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998 pola que se anuncia a licitación para a contratación da redacción e execución do proxecto de reforma do sistema actual de calefacción.

En cumprimento do disposto nos artigos 79.1º e 125 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e de conformidade co modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no Boletín Oficial del Estado número 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio de licitación para a contratación da redacción e execución do proxecto de reforma do sistema actual de calefacción -un equipo autónomo de transferencia térmica para a producción de calor radiante polo chan- nun equipo de producción de calor mediante caldeiras de gas natural, nos torreóns nordeste e sudoeste do edificio do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 12/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da redacción e execución do proxecto de reforma do sistema

actual de calefacción -un equipo autónomo de transferencia térmica para a producción de calor radiante polo chan- nun equipo de producción de calor mediante caldeiras de gas natural, nos torreóns nordeste e sudoeste do edificio do Parlamento de Galicia.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

d) Prazo de execución: farase constar de xeito explícito no proxecto técnico que se presente e no programa de traballo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe: non será superior ós 17.500.000 pesetas. Abranguerá:

a) Os custos de redacción do proxecto técnico e de dirección facultativa da obra.

b) O orzamento do contrato, co 13% para gastos xerais, o 6% de beneficio industrial e o 16% de IVE.

O orzamento de execución material detallará o custo das estructuras, das instalacións e das obras auxiliares de albanelería e remates, e determinará os prezos unitarios que rexerán durante a súa execución.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do tipo de licitación.

Definitiva: o 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 56 16 00.

e) Telefax: 981 57 10 41.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas do prego de cláusulas administrativas particulares e de bases técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós corenta días hábiles seguintes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de licitación.

b) Documentación que hai que presentar: a citada na cláusula II.8 do prego de cláusulas administrativas particulares e de bases técnicas (BOPG número 154, do 5 de outubro de 1998, e número 163, do 16 de outubro de 1998).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: r/ Hórreo, 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): só se admite un proxecto técnico coas melloras que faciliten a súa execución.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ó oitavo día hábil seguinte, transcorridos os corenta días hábiles desde a publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia número 154, do 5 de outubro de 1998, e número 163, do 16 de outubro de 1998, e nos pregos de cláusulas administrativas e de bases técnicas depositados no rexistro xeral do Parlamento.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1998.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia

9842