Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos administrativos de obra.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que por resolucións do director xeral do IGVS adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS, do 6 de abril de 1995, foron adxudicados os seguintes contratos administrativos:

1. Título: proxecto de execución e obra de construcción de 18 vivendas, garaxes e rochos en Outeiro, Cambados. Pontevedra. Expediente: PO-98/010.

Sistema de adxudicación: procedemento negociado sen publicidade.

Data resolución de adxudicación: 17-9-1998.

Adxudicatario: Benigno Esperón Sertal.

Importe: 160.950.161 ptas. (IVE incluído).

2. Título: reparacións varias no grupo de 51 vivendas na avenida Fernández de la Mora 15-17, de Ponteareas. Pontevedra. Expediente: PO-97/REP01.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data resolución de adxudicación: 17-9-1998.

Adxudicatario: Construcciones Mesejo, S.L.

Importe: 45.919.695 ptas. (IVE incluído).

3. Título: reparación de cubertas do grupo Santa Bárbara, no Polvorín. Ourense, Expediente: OU-98/REP03.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data resolución de adxudicación: 30-9-1998.

Adxudicatario: Construcciones y Revestimientos Val de Lemos, S.L.

Importe: 21.655.353 ptas. (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

9433