Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada C.P.L. número 1, a favor de Asunción Tubío Ouviña e Juan Brión Muñiz.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: C.P.L. nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal B, cuadrícula 46.

Data da concesión: 3-3-1960.

Data de finalización da última prórroga: 17-3-2005.

Anteriores concesionarios: Luis Figueira Figueira (76.496.999) e Mª del Socorro Triñanes Fontán (76.507.282).

Novos titulares da concesión e batea: Asunción Tubío Ouviña (76.450.818) e Juan Brión Muñiz (33.169.833).

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así

como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 5 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

9451