Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1998 pola que se anuncian, polo sistema de concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia, as obras de construcción dun IESP en Santa Comba (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamentos.

c) Número de expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción dun IESP.

b) Lugar de execución: Santa Comba (A Coruña).

c) Prazo de execución: 8 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 286.556.613 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: ver prego.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Información).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

6.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 59 26 00.

b) Enderezo: r/ Rosalía de Castro, 45. Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo todos e categoría F.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario. Se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que se presentará: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten variantes económicas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións, se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

9855