Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.864

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 14 de outubro de 1998 pola que se nomean vocais das mesas autonómica e provincial de control e seguimento da renda de integración social de Galicia.

O artigo 36 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social, en concordancia cos artigos 80 e 81 do Decreto 374/1991,

do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 9/1991, do 2 de outubro, dispón a constitución de dúas mesas, unha a nivel provincial e outra a nivel autonómico, que actuarán como órganos superiores de control e seguimento da aplicación da renda de integración social de Galicia, e que estarán integradas cada unha delas, entre outros membros, por sete representantes das centrais sindicais máis representativas a nivel autonómico.

As normas de organización e funcionamento interno da mesa autonómica da renda de integración social publicadas no Diario Oficial de Galicia do 23 de outubro de 1992, que rexerán tamén para as mesas provinciais, a teor do disposto no artigo 81.3º do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, establecen no seu artigo 7.2º que os nomeamentos e substitucións de tódolos membros da mesa se publicarán no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, no Diario Oficial de Galicia do 14 de abril de 1997 faise pública a composición das mesas autonómica e provincial de control e seguimento da renda de integración social de Galicia. Posteriormente, foi comunicada a esta consellería proposta da Comisión Executiva da Central Sindical Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia), acordando substituí-los seus actuais vocais titulares.

En consecuencia, en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Primeiro.-Nomear en representación da central sindical UGT-Galicia, en substitución dos actuais, os seguintes vocais titulares integrantes da mesa autonómica da renda de integración social de Galicia:

-Julia Martínez González.

-Carmen Basadre Vázquez.

-José L. Sánchez Carro.

Segundo.-Nomear en representación da central sindical UGT-Galicia, en substitución dos actuais, os seguintes vocais titulares das mesas provinciais da renda de integración social de Galicia:

1. Mesa provincial da Coruña:

-Pilar Souto Iglesias.

-Carlos Pestonit Zinke.

-José L. Sánchez Carro.

2. Mesa provincial de Lugo:

-José M. Díaz Abraira.

-Carmen Basadre Vázquez.

-Juan López Montaña.

3. Mesa provincial de Ourense:

-Raúl Octavio Varela Rúa.

-Mª Carmen Martínez Fernández.

-Concepción López Caride.

4. Mesa provincial de Pontevedra:

-Maribel Cabaleiro Rodríguez.

-Carmen Beloso Barcala.

-Manuel Martínez Barreiro.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1998.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

9942