Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.864

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de outubro de 1998 pola que se nomea o presidente do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

En virtude do establecido no artigo 9.3º do Decreto 198/1998, do 25 de xuño, polo que se constitúe o Comité Galego de Xustiza Deportiva e se establece o procedemento de designación dos seus membros, e de conformidade coa acta da reunión do Comité Galego de Xustiza Deportiva celebrada o día 2 de outubro de 1998, foi elixido por maioría dos seus membros, Germán Rodríguez Conchado como presidente do Comité Galego de Xustiza Deportiva,

DISPOÑO

Artigo único.-Nomear presidente do Comité Galego de Xustiza Deportiva a Germán Rodríguez Conchado.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

9845