Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 19 de outubro de 1998, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-lo informe emitido polo equipo redactor en relación coas alegacións presentadas durante o período de información pública do proxecto de revisión e adaptación do plan xeral de ordenación municipal da Coruña, coas puntualizacións introducidas polo equipo municipal director.

Segundo.-Aprobar, así mesmo, as rectificacións derivadas do informe do día cinco deste mes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Terceiro.-Aprobar definitivamente o texto refundido do devandito proxecto.

Cuarto.-Cumpri-los requisitos legais necesarios para a súa entrada en vigor, derivados do disposto no artigo 48 da Lei do solo de Galicia de 1997.

O que se fai público significando que, contra o acordo que se traslada, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspon

dente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade con establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comuncárselle previamente a esta Administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

A Coruña, 22 de outubro de 1998.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

9802