Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, da subministración consistente no arrendamento dun mínimo de 30 vehículos para a campaña de identificación de gando bovino.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: arrendamento dun mínimo de 30 vehículos para a campaña de identificación de gando bovino.

b) Número de unidades para entregar: as que se especifican nos pregos de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non.

c) Lugar de entrega: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

d) Prazo de entrega: 25 meses (prorrogables por un ano), contados desde a data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e sete millóns cincocentas mil pesetas (37.500.000 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: setecentas cincuenta mil pesetas (750.000 ptas.).

Definitiva: un millón cincocentas mil pesetas (1.500.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 47 77.

e) Telefax: 981 54 57 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 16 de novembro de 1998.

b) Documentación que se debe presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificio administrativo San Caetano, 15771), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Sala de Xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 18 de novembro de 1998.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

9358