Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 29 de setembro de 1998, aprobou o prego de condicións económico-administrativas, que rexerán o concurso polo procedemento aberto da concesión por concurso da xestión integral do servicio de abastecemento de auga potable e saneamento do municipio de Vila de Cruces, expoñéndose ó público por un prazo de oito días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Ó mesmo tempo convócase licitación pública para a adxudicación do dito servicio, que quedará aprazada no suposto de presentarse reclamacións ó prego, continuándose o que falte, a partir do día seguinte da resolución das reclamacións.

Obxecto do contrato: descrición: xestión integral do servicio de abastecemento de auga e saneamento no municipio de Vila de Cruces.

Prazo: vinte anos, prorrogables pola tácita por períodos de cinco anos, ata un máximo legal de

corenta e cinco (45), xuntamente entre a duración e prórrogas, e salvo denuncia expresa por algunha das dúas partes polo menos con tres meses de antelación ó seu vencemento.

Tipo de licitación: non se establece tipo de licitación, quedando a discreción da empresa.

Garantía provisional: 250.000 pesetas.

Prazo de presentación de proposicións: presentaranse no rexistro de entrada do Concello de Vila de Cruces, das 9 ás 14 horas, durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no último dos boletíns, BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Documentación e modelo de proposicións: a esixida na correspondente cláusula do prego de condicións.

Apertura de plicas: realizarase en acto público ás 13 horas do día seguinte hábil ó de finalización de presentación de ofertas, sempre e cando non exista comunicación de presentacións por correo e estean pendentes de recepción no concello.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na cláusula 41 do prego de condicións.

Requisitos específicos do contratista: documento que acredite a clasificación do contratista polo Ministerio de Economía e Facenda como empresa consultora ou de servicios coas clasificacións seguintes:

Grupo III, subgrupo 5, categoría A. Grupo III, subgrupo 7, categoría A.

Gastos: tódolos gastos derivados do presente concurso, tales como anuncios no BOP e Diario Oficial de Galicia, así como calquera outro tipo de publicidade e os de elevación a escritura pública do contrato dimanante da adxudicación do presente concurso serán por conta do concesionario.

Vila de Cruces, 5 de outubro de 1998.

O alcalde-presidente

Rubricado

9760