Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.783

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, do servicio técnico para a realización do informe de avaliación intermedia da aplicación da iniciativa comunitaria Leader II en Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización da avaliación intermedia da aplicación da iniciativa co munitaria Leader II na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número de unidades que hai que entregar: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de execución: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

e) Prazo de execución: o estudio deberá estar dispoñible o 31 de marzo do 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral do Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

d) Teléfono: 981 54 57 68.

e) Telefax: 981 54 57 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http:/xunta.es.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 16 de novembro de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas .

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidad: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Politíca Agroalimentaria.

b) Dirección: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 20 de novembro de 1998.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

9255