Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 5 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00331-I-97).

Pola presente cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, den

tro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00331-I-97

LU-8242-L

LE9OR0033305733

Construcciones Vaneda, S.L.

r/ Raíña 1-8º

271 Lugo

Realizar transporte público de mercadorías (áridos) co vehículo LU-8242-L (arrastrando o semirremolque LU-00973-R) que carece da preceptiva autorización administrativa.

20-5-1997; 11.45; N-VI; 496,600

Art. 90 da Lei 16/1987 y artigo 41 do R.D. 1211/1990143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1990

250.000 ptas. Precintado do vehículo

9319