Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.763

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de personalidade, avaliación e tratamento psicolóxico, do departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa, a María Lameiras Fernández (praza 47/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 30 de abril de 1997 (BOE do 22 de maio) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de personalidade, avaliación e tra

tamento psicolóxico, do departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa, a prol de María Lameiras Fernández, con documento nacional de identidade número 34.947.247, e cumprindo a interesada os requisitos do número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Lameiras Fernández profesora titular de universidade da área de coñecemento de personalidade, avaliación e tratamento psicolóxico, do departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión da interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 8 de outubro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

9381