Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 23 de outubro de 1998 polo que se fai pública a convocatoria para a selección temporal de prazas de farmacéuticos de atención primaria do Sergas e técnicos superiores para varias áreas de informática no Sergas.

As resolucións de convocatoria feitas pola División de Recursos Humanos do Sergas e os baremos de aplicación atópanse publicados nos taboleiros de anuncios de:

Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde.

Direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

Xerencias das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Para participar nos devanditos procesos de selección temporal deberán presentarse as solicitudes correspondentes ante a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sita no edificio administrativo en

San Caetano, s/nº, en Santiago de Compostela ou nas direccións provinciais do Sergas, no prazo de 15 días naturais desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recuros Humanos

9186