Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a contratación, mediante concurso público e polo procedemento aberto, para a adquisición de material cirúrxico dun só uso para o Servicio de Quirófano do Hospital Comarcal Valdeorras.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na alínea i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, da adquisición de material cirúrxico dun só uso para o Servicio de Quirófano do centro.

Obxecto e orzamento:

A adquisición de material cirúrxico dun só uso por un orzamento máximo de 9.666.075 ptas., IVE incluído.

Prazo de entrega:

O material obxecto deste concurso público deberá ser entregado no prazo de 15 días contados desde a data de comunicación da adxudicación; o resto deberá ser entregado de forma sucesiva segundo as necesidades do servicio, logo de comunicación.

Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderán ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50 do Barco de Valdeorras (código postal 32300). Tfno: 988 33 90 05.

Fianzas:

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de cento noventa e tres mil trescentas vinteunha pesetas (193.321 ptas.), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As ditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (en adiante LCAP).

Solvencia económica e financeira:

Acreditarase por algún os documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica:

Acreditarase por algún os documentos sinalados no anexo II do prego.

Clasificación:

Non se precisa.

Criterios de adxudicación:

-Prezo: ata 60 puntos.

-Calidade técnica: ata 30 puntos.

-Prazo de entrega: ata 10 puntos.

Admisión de variantes:

Admítense variantes sempre que se respecten os requisitos mínimos que se fan figurar no prego.

Presentación de proposicións:

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións:

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposición terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores:

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 6 de outubro de 1998.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

do Barco de Valdeorras

9258