Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.715

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fixa o período e condicións para presentar solicitudes para a adxudicación dos postos para a pesca da lamprea no río Ulla.

De conformidade coa disposición adicional da Orde do 14 de xaneiro de 1998, pola que se fixan

os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 1998, na que se faculta o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra para dictar cantas normas sexan necesarias para a regulación da pesca da lamprea no río Ulla, acordo:

-Abri-lo prazo para presenta-las solicitudes polos titulares das pesqueiras do río Ulla co obxecto de adxudica-los postos de pesca da lamprea desde as referidas pesqueiras para a tempada de 1999.

-O dito prazo estará aberto desde a publicación desta resolución ata as 14 horas do día 30 de novembro de 1998.

-Coa solicitude deberán presentar copia do DNI e a documentación que acredite a titularidade da pesqueira no Servicio Provincial da MAN, r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, Pontevedra.

-As pesqueiras solicitadas serán as que se relacionan no anexo.

-Unha vez realizada a comprobación da documentación publicarase no DOG a relación de pesqueiras autorizadas xunto coa normativa á que deberán aterse.

Pontevedra, 20 de outubro de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

9773