Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 28 de outubro de 1998 Páx. 11.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por Decreto da Alcaldía, con data do 23-9-1998, pola vía do procedemento abreviado regulado no artigo 137 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, os proxectos de estatutos e bases de actuación e de compensación do polígono número 1 do Plan Parcial de Areeiras-Louzaneta do PXOU.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométense a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 24 de setembro de 1998.

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

Visto e prace

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1995)

Ramón Arias Roca

Tenente alcalde delegado de Área

9085