Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 28 de outubro de 1998 Páx. 11.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 6 de agosto de 1998 pola que se lle outorga a Demarca, S.L. permiso de actividade para centro de expedición no lugar do Facho-Castrelo, Cambados (Pontevedra).

Visto o expediente iniciado a instancia de José Galiñanes López, con DNI 35.414.655, como representante da empresa Demarca, S.L., no que solicita permiso de actividade para centro de expedición nas instalacións que a citada empresa posúe no Facho-Castrelo-Cambados, autorizadas como depuradora.

Tendo en conta que se procedeu á súa tramitación de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividades para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares, situados na zona terrestre (DOG nº 142) e demais lexislación concordante.

Vistos os informes que constan no expediente, así como a proposta da Delegación Territorial de Vigo, logo de informe do Servicio Técnico-Xurídico, esta consellería,

RESOLVE:

Outorgar a Demarca, S.L., NIF B-36.058.618, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dun centro de expedición, nas instalacións autorizadas á citada empresa como estación depuradora por decreto da Dirección Xeral de Pesca Marítima do 3 de abril de 1969, no Facho-Castrelo Cambados (Pontevedra).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira: o permiso da actividade, que terá vixencia desde a publicación da presente orde no DOG, ata o 18 de outubro de 1999, poderá ser prorrogado discrecionalmente por prazos iguais ó da estación depuradora, a petición do interesado presentada nos sesenta (60) días anteriores ó remate da vixencia.

Segunda: a presente autorización non implica modificación na estructura, distribución da nave, nin do dominio público marítimo-terrestre ocupado, sinalados na orde de outorgamento da estación depuradora.

Terceira: o permiso de actividade a que se refire esta orde se extinguirá nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, e no artigo 6 do Decreto 193/1997, do 5 de xuño, sinalados.

Cuarta: o establecemento cumprirá as condicións establecidas no Real decreto 308/1993, do 26 de febreiro (BOE nº 76) polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria que fixa as normas aplicables á comercialización de moluscos bivalbos vivos e demais lexislación aplicable a este tipo de establecementos.

Quinta: o outorgamento deste permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorización que, de acordo coa lexislación vixente, sexan procedentes.

Sexta: o interesado xustificará aboamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados), ou acreditará a declaración de non estar suxeito a tal imposto feita pola delegación de Facenda ou a oficina liquidadora correspondente.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que se contarán a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 1998.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22-12-1997)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

9200