Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 28 de outubro de 1998 Páx. 11.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 22 de setembro de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre as axudas para situacións de emerxencia social de Galicia relacionadas no anexo (Guillermo da Ponte Lago).

No uso das competencias sobre axudas para situacións de emerxencia social de Galicia, reguladas pola Lei 9/1991, galega de medidas básicas de inserción social, e polo Decreto lexislativo 375/1991, do 24 de outubro, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó teren sido devoltas polo servicio de correos as resolucións enviadas no seu día, noti

fícaselles ós citados no anexo a resolución dictada en relación co seu expediente de renda de integración social pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.

Pontevedra, 22 de setembro de 1998.

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Solicitante: Guillermo da Ponte Lago.

DNI: 35.971.880.

Resolución: desestimación de recurso de axuda de emerxencia.

Causa: non se considera o solicitado de extraordinaria e urxente necesidade.

Fundamento de dereito: Decreto 375/1991, artigo 1.1º, Lei 9/1991, artigo 41.1º.

9261