Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 28 de outubro de 1998 Páx. 11.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, da asistencia técnica consistente na realización dunha campaña de promoción de productos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade en distintas áreas comerciais de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita el expediente: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización dunha campaña de promoción dos productos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade en distintas áreas comerciais de Galicia, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: a campaña celebrarase na 2ª quincena de novembro nos establecementos que a entidade ou entidades dispoñan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Lugar de entrega: o conxunto dos traballos deberá estar rematados e a disposición da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria antes das 15 horas do día anterior ó comezo da promoción, e mentres dure esta.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: nove millóns de pesetas (9.000.000 de ptas.).

5. Garantías.

Provisional: cento oitenta mil pesetas (180.000 ptas.).

Definitiva: trescentos sesenta mil pesetas (360.000 ptas.).

6. Obtención de documentos e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación (Subdirección Xeral de Comercialización Agroalimentaria, Servicio de Promoción Agroalimentaria) da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15711.

d) Teléfono: 981 54 57 56.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas,

tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://xunta. es.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non é neceseria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorces horas do día 10 de novembro de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 13 de novembro de 1998.

e) Hora: 13.30 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

9262