Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 28 de outubro de 1998 Páx. 11.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación dunha asistencia técnica para a redacción do proxecto básico e de execución dun edificio sede do Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos (CIS) da madeira de Galicia, no parque tecnolóxico de Galicia en Ourense, polo procedemento negociado sen publicidade.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995 de 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 33/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución dun edificio sede do Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos (CIS) da madeira de Galicia, no parque tecnolóxico de Galicia en Ourense.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento e forma de adxudicación: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: importe total: cinco millóns setecentas mil pesetas (5.700.000), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 11 de setembro de 1998.

b) Contratista: Iago Seara Morales.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: cinco millóns setecentas mil pesetas (5.700.000), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

9313