Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 28 de outubro de 1998 Páx. 11.632

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (96/1998-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistradoi-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 96/1998-10 por instancia do axente da Policía local 128 contra Luis Iglesias García nas actuacións do cal, en resolución desta data, se acordou citar a Luis Iglesias García co fin de que o día vinteséis de novembro, ás doce e dez horas, compareza ante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciado, apercibíndoo de que, no caso de non o verificar, recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito e de que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a Luis Iglesias García, expido e asino en Santiago de Compostela o 2 de outubro de 1998.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

9191