Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 28 de outubro de 1998 Páx. 11.628

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 20 de outubro de 1998 pola que se resolve a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 3 de setembro de 1998 (DOG número 176, do 10 de setembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 3 de setembro de 1998 (DOG nº 176, do 10 de setembro), en uso das facultades e atribucións conferidas pola

Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Designa-los funcionarios que se citan no anexo desta orde para ocupa-los postos que así mesmo se sinalan.

Segundo.-Os cesamentos nos actuais destinos efectuaranse segundo o previsto no artigo 14 do

Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. As tomas de posesión deberán facerse no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento por tratarse de postos radicados na mesma localidade.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde causen alta os funcionarios efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñerlo.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

ANEXO

Apelidos e nome

NRP

GrupoDenominación e

código postal

NivelComplemento E.Centro directivo ou

dependencia

Localidade

Fonte Bouza, Ana

3277450846 A2086

AXefe Servicio de Fiscalización e Xestión

EFC030000115770005

28A1.673.520Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela

Ferreiro Vilariño, Germán

3331392513 A2086

AXefe Servicio Planificación e Xestión Contable

EFC030000215770005

28A1.673.520Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela

García Martínez, Juan José

7640647702 A2086

AXefe Servicio Fiscalización e Contabilidade-Intervención Delegada CPTOPV

EFC030000815770005

28A1.673.520Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela

Morato Miguel, Ana

3278311402 A2086

AXefe Servicio Fiscalización e Contabilidade-Intervención Delegada Cª Industria e Comercio

EFC030001015770005

28A1.673.520Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela

Rodríguez Martín, Ana

3265102735 A2086

AXefe Servicio Fiscalización e Contabilidade-Intervención Delegada Cª Pesca, Marisqueo e Acuicultura

EFC030001415770005

28A1.673.520Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela

Seijas Sánchez, Ana Mª

3278566646 A2086

AXefe Servicio Control Interno-Intervención Delegada Sergas

EFC030001915770003

28A1.673.520Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela

9685