Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1998 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do desenvolvemento e mantemento das aplicacións informáticas relacionadas coa xestión de axudas e control de explotacións agrarias.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (ILGG).

Dependencia tramitadora: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Número de expediente: concurso 2/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución do servicio consistente no desenvolvemento e mantemento das aplicacións informáticas relacionadas coa xestión de axudas e control de explotacións agrarias.

b) Lotes: non cabe a división por lotes.

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución: desde o 1-12-1998 ó 31-12-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: por concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 38.690.881 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 773.818 ptas.

Definitiva: 1.547.636 ptas.

6. Obtención de información e documentación:

Solicitude de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, así como o modelo de proposición económica, estarán á disposición dos interesados na Secretaría do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (ILGG), Rúa dos Irmandiños, s/n, 15704, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 62 60.

Fax: 981 54 61 91.

Data límite de obtención de documentos e información: a do remate do prazo para presenta-las proposicións.

7. Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría B.

8. Presentación de ofertas:

Data límite: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación no DOG deste anuncio.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación : no rexistro xeral do ILGG, co enderezo indicado no punto 6.

Prazo de obrigado mantemento da oferta: tres meses desde a apertura da proposición económica.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura das proposicións:

As proposicións económicas abriranse, en acto público, na sala de xuntas do ILGG, no enderezo sinalado no punto 6, ás 12 horas do sexto día natural seguinte ó do remate do prazo para presenta-las proposicións, agás cando sexa sábado ou festivo; neste caso no que a apertura en acto público celebrarase o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio:

Serán por conta do adxudicatario os gastos que ocasione a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.

Antonio Crespo Iglesias

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

9158