Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1998 pola que se acorda o inicio e se somete a información pública o expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar no ámbito da unidade de actuación UE-4 do PERI do núcleo histórico de Ourense, para a construcción de VPO de réxime xeral, prazas de garaxe subterráneas e ordenación do espacio público que se xera.

O 13 de setembro de 1996, o Concello de Ourense en Pleno, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: aprobar definitivamente o Plan Especial de Reforma Interior do Núcleo Histórico de Ourense.

O Plan Especial de Reforma Interior determina como sistema de actuación na unidade de execución UE-4 para a súa execución o sistema de expropiación, o que implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificios correspondentes, para os fins de expropiación ou imposición de servidume, de acordo co disposto no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións e o artigo 54 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O Plan Especial de Reforma Interior determina que o obxectivo desta actuación urbanística é recupera-lo interior do cuarteirón, para convertelo nunha zona de uso público ou interese social no que se situarán edificacións destinadas a vivendas de protección oficial (uso residencial) a equipamentos, e un aparcamento baixo rasante.

O 2 de xullo de 1997 asinouse un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a rehabilitación e recuperación do núcleo histórico de Ourense polo que o Instituto Galego da Vivenda e Solo se comprometeu a actuar directamente na unidade de execución UE-4 do PERI. A actuación executarase polo sistema de expropiación e terá como finalidade a construcción de vivendas de protección oficial de réxime xeral así como a construcción de prazas de garaxe subterráneas.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo exercerá a potestade expropiatoria a favor de Xestión Urbanística de Ourense, S.A., na súa condición de beneficiaria.

Acórdase o inicio do expediente expropiatorio dos bens e dereitos da unidade de execución UE-4 do PERI para a construcción de vivendas de protección oficial de réxime xeral así como a construcción de prazas de garaxe subterráneas e ordenación do espacio público que se xera, polo procedemento de taxación conxunta.

De conformidade co previsto no artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos da unidade de execución UE-4 do Plan Especial de Reforma Interior no Núcleo Histórico de Ourense para a construcción de vivendas de protección oficial de réxime xeral, así como a construcción de prazas de garaxe subterráneas e ordenación do espacio público que se xera. O expediente será obxecto de publicacion polo prazo dun mes, no Diario Oficial de Galicia, nun xornal dos de maior circulación da provincia e será obxecto de notificación individual.

Así mesmo, o expediente estará exposto nas oficinas da sociedade Xestión Urbanística de Ourense, S.A. (Xestur-Ourense) na súa calidade de beneficiaria da expropiación, sitas na rúa Curros Enríquez nº 1, planta 8ª, 32003 Ourense.

Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que consideren oportunas, por triplicado exemplar, nas oficinas de Xestión Urbanística de Ourense, S.A.

-Relación de propietarios e bens afectados.

Nº predio-natureza-situación-propietario-superficie m que se van expropiar-construccións e outros elementos-plantacións e cultivos-prezo xusto para o propietario-outro dereito que se vai expropiar-titular do dereito-prezo xusto do dereito.

1. Urbano-Conca de Abaixo nº 4-Francisco Cerviño Casanova-102,36 m-Si-Non-6.066.854 ptas-Arrendamento en planta baixa-Gonzalo Alonso Méndez-1.274.250 ptas.

2. Urbano-Conca de Abaixo nº 5-Manuel Rodríguez Vázquez-71,76 m-Si-Non-7.071.296 ptas.-Arrendamento planta 1ª e planta 2ª-Etelvino Silva Nóvoa, Isolina Vázquez Boán (1ª planta) e Rosalía Lorenzo Pereira (2ª planta)-1.641.750 ptas. 1ª planta e 1.641.750 ptas. 2ª planta.

3. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 1-Luis e María de las Victorias Álvarez Rodríguez-1.993,65 m-Si-Si-56.589.200 ptas.

4. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 11-Ángel e Antonio Barreiros Soto-223,55 m-Si-Si-6.802.089 ptas.

5. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 13-Emilio Delgado Salgado-93,07 m-Si-Si-3.265.858 ptas.

6. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 15-Manuel Martínez Cougil e irmáns-424,71 m-Si-Si-12.373.163 ptas.-arrendamento da edificación existente en terreo-Mª Elisa López González-828.250 ptas.

7. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 17-Jensarico Vázquez Cid-26,35 m-Si-Non-649.623 ptss.

8. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 19-José Fernández Pérez e Serafina González Blanco-32,00 m-Si-Non- 2.511.515 ptas.

9. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 21-José Víctor Fernández Rodríguez-32,56 m-Si-Si-756.551 ptas.

10. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 23-Milagros Rodríguez e Serafín Rodríguez Rodríguez-41,01 m-Si-Si-1.193.832 ptas.

11. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 25-Manuel Blanco Díaz-91,90 m-Si-Si-2.343.075 ptas.

12. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 27-María Fernández Terrazos-149,05 m-Si-Si-3.860.545 ptas.

13. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 29-Joaquín Rodríguez Suárez e Manuela Santos Coquejo-86,62 m-Si-Si-2.448.205 ptas.

14. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 31-Celso Grande Santo e Manuela Santos Jardón-104,14 m-Si-Si-2.991.359 ptas.-Carga-Caixa de Aforros Provincial de Ourense.

14B. Urbano-Baixo da rúa Julio Prieto Nespeira nº 31-Felisindo Álvarez Gómez, José Álvarez Seara e José Rey Pérez-64,80 m-Si-Non-1.874.558 ptas.

15. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 33-Raimundo Reinoso Pérez e María Purificación Doniz Feijóo-95,38 m-Si-Non-2.727.281 ptas.-Carga-Banco Gallego, S.A.

15B. Urbano-Baixo da rúa Julio Prieto Nespereira nº 33-Arturo Martínez Touza e Antonia Vispo Taín-59,89 m-Si-Non-1.712.291 ptas.

16. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 35-Carmen e Olga González Castro-79,47 m-Si-Si-1.828.708 ptas.

17. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 37-José Villar Rodríguez-121,61 m-Si-Si-2.964.285 ptas.

18. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 39-Miguel García Ferrón-93,18 m-Si-Si-3.640.230 ptas-Arrendamento de edificación existente en terreo-Celia Mosquera Varela-813.000 ptas.

19. Urbano-Terreo na parte posterior da rúa Julio Prieto Nespereira nº 41-Manuel Rodríguez Velo e Purificación Fernández Reinoso-95,73 m-Si-Si-2.739.446 ptas.

20. Urbano-Baixo e resío da rúa Julio Prieto Nespereira nº 43-José Acevedo Teijeira-96,40 m-Si-Non-4.358.094 ptas.

21. Urbano-Baixo, resío e terreo da rúa Julio Prieto Nespereira nº 45-Evencio Fernández Orozco casado con Dolores Rodríguez Fernández e Augusto Vázquez Vázquez casado con Camila Losada de Dios-247,60 m-Si-Non-7.284.063 ptas.

22. Urbano-Baixo, resío e terreo da rúa Julio Prieto Nespereira nº 47-Evencio Fernández Orozco casado con Dolores Rodríguez Fernández e Augusto Vázquez Vázquez casado con Camila Losada de Dios-151,93 m-Si-Non-5.245.759 ptas.

23. Urbano-Baixo, resío e terreo da rúa Julio Prieto Nespereira nº 49-Julio Prieto, S.L.-432,03 m-Si-Non-12.597.131 ptas.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1998.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

9595