Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos das organizacións de profesionais e autónomos das localidades que se mencionan.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos das organizacións de profesionais e autónomos das localidades de Ribadumia, Cambados, San Lorenzo de Meis, Dena, O Grove, Vilanova de Arousa, Vilalonga e Portonovo, que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: as enunciadas localidades.

Profesional: profesionais e autónomos.

Asinan a acta de constitución: Santiago Roma Martínez, Jesús Fernández Rodiño, Rafael Ares Güimil, José Conde García, José Gómez Pérez, Francisco Martínez Prado, Roberto Basdedios Rodil, Gloria Casas González e outros, respectivamente.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 1 de outubro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

9712