Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se publica a adxudicación do contrato das obras de reforma dunha ala da residencia de válidos do Meixoeiro (Vigo).

En cumprimento do establecido no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta dirección xeral acorda dar publicidade á adxudicación do contrato de obras nos seguintes termos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: reforma dunha ala da residencia de válidos do Meixoeiro (Vigo).

b) Data de publicación: DOG nº 140, do día 22-7-1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 115.856.160 ptas.

5. Adxudicación:

a) Data: 24-9-1998.

b) Contratista: Extraco, S.A.

c) Importe: 109.831.000 ptas.

d) Prazo de adxudicación: 5 meses.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

9257