Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.570

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1998, do tribunal V-1 designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a-lavandeiro/a, costureira, cortador/a, pasador/a-lavandeiro/a) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se anuncia a puntuación da fase de concurso.

De conformidade coa base II.1.4 da Orde do 2 de decembro de 1996 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso ó grupo V, categoría 1 (camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a-lavandeiro/a, costureira, cortador/a, pasador/a, lavandeiro/a), anúnciase que están expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, así como nas súas delegacións provinciais, as listas coa puntuación dos aspirantes correspondentes á fase de concurso da categoría sinalada.

Os interesados afectados poderán formula-las reclamacións que consideren oportunas no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.

Jaime García y García

Presidente do tribunal

9557