Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da realización das macromagnitudes agrarias do ano 1996; a edición en papel de 800 exemplares das macromagnitudes agrarias 1996: as enquisas mensual e anual de sacrificio de gando en matadoiros, e a enquisas de prezos da terra 1998.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría general.

2. Obxecto do contrato.

b) Descrición do obxecto: realización das macromagnitudes agrarias do ano 1996; a edición en papel de 800 exemplares das macromagnitudes agrarias 1996: as enquisas mensual e anual de sacrificio de gando en matadoiros, e a enquisa de prezos da terra 1998.

c) Número de unidades que hai que entregar: as que se especifican no prego de prescricions técnicas.

d) División por lotes e número: 4 lotes.

e) Lugar de entrega: Servicio de Estudios e Publicacións, Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaría.

f) Prazo de execución: seis semanas, contadas desde a data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catro millóns setecentas setenta e oito mil pesetas (4.778.000 ptas.).

Lote 1: 1.100.000.

Lote 2: 1.000.000.

Lote 3: 1.100.000.

Lote 4: 1.578.000.

5. Garantías.

Provisional: non é necesaria.

Definitiva: Lote 1: 44.000.

Lote 2: 40.000.

Lote 3: 44.000.

Lote 4: 63.120.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Estudios e Publicacións, Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código posta: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: 981 54 66 90.

e) Telefax: 981 54 66 99.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das solicitudes de participación, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificacion: non se esixe.

8. Presentación das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 23 de novembro de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Aperturas das ofertas.

a) Entidad: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Politíca Agroalimentaria.

b) Dirección: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 26 de novembro de 1998.

e) Hora: 13 horas.

10.Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-97, DOG nº 243, 17-12-97)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral de la Consellería de Agricultura,

Ganadería e Política Agroalimentaria

9199