Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o día 1 de outubro de 1998, prestou aprobación ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o concurso por procedemento aberto das obras de iluminación da praza Maior e rúa Fernández Losada, quedando exposto ó público polo prazo de catro días naturais contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP de Ourense, para efectos de reclamacións.

Ó mesmo tempo, anúnciase concurso, aprazándose a licitación, canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Celanova.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción da obra de iluminación da praza Maior e rúa Fernández Losada, de Celanova, de acordo co prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico redactado polo enxeñeiro técnico Fernando Pardo Ureña e aprobado pola Comisión de Goberno na sesión do 1 de outubro de 1998.

b) Lugar de execución: municipio de Celanova, praza Maior e rúa Fernández Losada.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación e criterios de selección que se utilizarán para a adxudicación da obra.

Orzamento base de licitación: 25.000.000 de ptas.

Criterios de selección para adxudicación da obra:

-Melloras: ata 5 puntos.

-Obras realizadas de características similares: ata 4 puntos.

-Medios ó servicio da obra: ata 2 puntos.

-Mellor prezo: ata 2 puntos.

-Menor prazo de execución: máximo de 1 punto.

5. Garantías.

Provisional: 500.000 ptas., equivalente ó 2% do orzamento de contrata.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Celanova.

b) Domicilio: praza Maior, nº 1.

c) Localidade e código postal: Celanova, 32800.

d) Teléfonos: 988 43 14 81, 43 14 87.

e) Telefax: 988 45 16 23.

f) Data límite de obtención de documentación e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría d.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP de Ourense ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral do Concello de Celanova, de 9 a 14 horas.

-Domicilio: praza Maior, 1.

-Localidade e código postal: Celanova, 32800.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: memoria coas variantes ou alternativas que se ofrecen.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Celanova.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Celanova.

d) Data: ás 12 horas do día seguinte hábil (agás os sábados) a aquel no que termine o prazo de presentación.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Celanova, 2 de outubro de 1998.

O alcalde

Rubricado

9499