Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a adquisición de novos servidores con destino ós centros de emerxencia SOS-Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número do expediente: 97/13/1350.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición de novos servidores con destino ós centros de emerxencia SOS - Galicia.

b) Número de unidades que hai que entregar: dous servidores coas características sinaladas no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: Santiago de Compostela.

e) Prazo de entrega: un mes e medio contado desde a data na que se notifique a súa adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación:

Importe total: 8.184.385 ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

a) Fianza provisional: 163.688 ptas.

b) Fianza definitiva: 327.375 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 46 42 / 54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día natural ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 11 horas do quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 11 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.

Francisco J. Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

9505