Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1998 pola que se anuncia concurso para a redacción do proxecto e execución das obras de centralización de centros de mando da iluminación pública na zona do Ensanche.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: O98/64.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución das obras de centralización de centros de mando da iluminación pública na zona do Ensanche.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 21.190.854 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 18 42 19.

e) Fax: 981 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría c.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: véxase prego de cláusulas administrativas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Proposición económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta... para optar ó concurso para a redacción do proxecto e execución das obras de centralización de centros de mando da iluminación na zona do Ensanche.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 5 de outubro de 1998.

O alcalde

Rubricado

9462