Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Avda. de Vigo.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 640 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña Mur 8.03 entre os CC.TT. Elías Prado e estación de autobuses, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na Avda. de Vigo, Concello de Pontevedra, C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 290 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto
rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 10 de setembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
9037