Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de necesidade de urxente ocupación e imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica para a execución do proxecto que se cita. (Expediente 091/96 A.T.).

Ó abeiro do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública, segundo o disposto no artigo 14.1º do citado regulamento

a solicitude da necesidade de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica presentada pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na rúa García Barbón, nº 38, 36201 Vigo, para a execución do seguinte proxecto:

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Brevil-Outeiro no concello de Silleda, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución desta delegación provincial de industria do 18-6-1996, (expediente 091/96 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 16.3º do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da última publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP, no DOG e nun diario local dos de maior circulación así como ós interesados ós que se lles practica notificación individual, pode

rán aportar por escrito e por triplicado, os datos oportunos para corrixir posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións que teñan relación cos artigos 25 e 26 do devandito regulamento.

Estará exposto o expediente co proxecto da instalación nesta dependencia, sita en Vigo, r/ Gran Vía, 76 en horas de oficina.

Os propietarios afectados poderán solicitar a través desta delegación provincial que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Pontevedra, 26 de maio de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 091/96 A.T. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Brevil-Outeiro.Termo municipal: Silleda.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2MarrásPradoJ. Manuel Guiadaz GolmazOuteiro, s/n, 36570 Manduas, Silleda1061396

3MarrásMonte altoRamón Otero Sotelor/ Xeneral Franco 37, 36570 Bandeira, Silleda43688

4MarrásMonte altoManuel Seoane CajideQuintela, s/n, 36570 Manduas, Silleda17272

5MarrásMonte altoJ. Manuel Valenzuela Fernándezr/Oliva 22, 36001 Pontevedra22651040

6MarrásMonte altoJ. Manuel Guiadaz GolmazOuteiro, s/n, 36570 Manduas, Silleda3-4-564105822

9038