Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.423

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 8 de outubro de 1998 pola que se resolve a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 8 de setembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia número 181, do 17 de setembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Con

sellería de Economía e Facenda, por Orde do 8 de setembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 181, do 17 de setembro), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Designa-los funcionarios que se citan no anexo desta orde para ocupa-los postos que así mesmo se sinalan.

Segundo.-Os cesamentos nos actuais destinos efectuaranse segundo o prazo previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. As tomas de posesión deberán facerse no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento ou no prazo dun mes, segundo proceda, de conformidade co disposto no referido artigo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde causen alta os funcionarios efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñerlo.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

ANEXO

Apelidos e nome

NRP

GrupoDenominación e

código do posto

NivelComplemento e.Centro directivo ou dependenciaLocalidade

Moure Parrilla, Pablo

3424536468 A2086

ASubdirector xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma

EFC020000215770001

302.275.968Secretaría Xeral e do PatrimonioSantiago de Compostela
Mera Souto, Susana

3328630424 A2060

AXefe Servicio Administración e Xestión Patrimonial

EFC020000215770017

281.673.520Secretaría Xeral e do PatrimonioSantiago de Compostela

9192