En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público para xeral coñecemento a seguinte adxudicación de contrato de obra:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Vías.
c) Número de expediente: Ref. 1125.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: de obra.
b) Descrición do obxecto: nova pavimentación e transformación en peonil da Avda. de Pontevedra e praza de Bispo Cesáreo.
c) Lote: único.
d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP do 15 de xuño de 1998 e DOG con data do 30 de xuño de 1998.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: poxa.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 76.850.269 ptas.
5. Adxudicación.
a) Data: 18 de agosto de 1998.
b) Contratista: Constructora M. Cruz.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe da adxudicación: 66.475.483 ptas.
Ourense, 21 de agosto de 1998.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde
9023