Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 21 de outubro de 1998 Páx. 11.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

De conformidade co previsto no artigo 34.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, ponse en xeral coñecemento que o Pleno do Concello de Marín, na súa sesión do día 2 de outubro de 1998, adoptou os seguintes acordos:

1º Prestar-lle aprobación inicial ó Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Marín nos termos redactados e sinalados na determinación do avance inicial e que resulta da redacción del e planimetría levada a cabo pola empresa ICEACSA.

2º Someter a información pública o expediente tramitado así como a documentación técnica e planimetría integrante do plan xeral polo prazo dun mes, mediante anuncio que se vai inserir no DOG e no BOP, taboleiro de edictos do concello e nun dos xornais de maior circulación da provincia, para os efectos de que durante o expresado período poidan formularse as alegacións que xulguen pertinentes os interesados, computándose o momento inicial do prazo para formular alegacións a partir da data de inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

3º Suspende-lo outorgamento de licencias no ámbito de todo termo municipal, sen prexuízo da posibilidade de conceder licencias baseadas no réxime vixente, sempre que respecten as determiniacións do novo planeamento.

O que se fai público para xeral coñecemento, facéndose constar que a exposición pública terá lugar no salón de actos da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Marín en horario das 9 ás 14 horas, de luns a venres durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando a partir dese momento aberto o prazo de presentación de alegacións.

O prazo de suspensión de licencias é o previsto no artigo 34.3º que establece que a suspensión se extinguirá no prazo dun ano ou no momento en que se produzca aprobación definitiva do planeamento.

Marín, 6 de outubro de 1998.

Augusto Casal Sánchez

Alcalde

9002