Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 21 de outubro de 1998 Páx. 11.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1998 pola que se publica a desafectación do edificio antigo que ocupaba a Escola Universitaria de Estudios Empresariais no Campus Universitarios de Lugo.

O Consello Social desta universidade, en sesión celebrada con data do 30 de setembro do ano 1998, tomou, entre outros, o acordo de ratifica-la desafectación do Servicio Público da Educación Superior do antigo edificio da Escola Universitaria de Estudios Empresariais do Campus de Lugo, logo da aprobación da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela con data do 22 de setembro do mesmo ano.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 12 das Normas de xestión patrimonial desta universidade, este rectorado ordena a publicación da seguinte resolución:

Con data do 14 de xullo do ano 1993 (DOG do 11 de agosto), aprobáronse as Normas de xestión patrimonial da Universidade de Santiago de Compostela, elaboradas de acordo coa lexislación básica aplicable (Constitución española, L.R.U., Lei autonómica 5/1997, Lei do Consello Social da Universidade e leis do patrimonio da Comunidade Autónoma galega e do Estado). O título 2º das citadas normas no seu artigo 10, establece que a venda ou gravame dos bens inmobles requirirá a declaración de non alleable por parte da Xunta de Goberno da universidade, tralo informe do rectorado ou órgano no que este delegase as funcións e a xestión en materia de patrimonio. O artigo 14 das normas indican que a declaración de alleamento será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Considerando que o citado edificio non está actualmente destinado ós fins educativos e de investigación propios da universidade, este rectorado, en execución dos acordos da Xunta de Goberno, do 23 de

xullo de 1997 e do Consello Social con data do 15 de xullo do mesmo ano,

RESOLVE:

Artigo 1º.-Desaféctase do Servicio Público da Educación Superior o ben descrito a continuación: 1. Urbano. Plantas semisoto, baixa, primeira e baixo cuberta do antigo edificio da Escola Universitaria de Estudios Empresariais do Campus Universitario de Lugo. Enderezo: r/ Irmáns Durán, s/n, Lugo. O edificio ocupa unha superficie construída de 1.169 m e os locais desafectados unha superficie construída de 3.303 m. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lugo, tomo 710, libro 303, folio 170, predio nº 21.796.

Artigo 2º.-O inmoble anteriormente descrito adquire a natureza de patrimonial desta universidade.

Artigo 3º.-En virtude do anterior, e en cumprimento do artigo 12 das Normas de xestión patrimonial desta universidade, declárase o alleamento dos citados locais e ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, nove de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

9387