Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 21 de outubro de 1998 Páx. 11.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de restauración forestal dunha explotación mineira nos predios de Arinteiro e Bama, nos concellos de Touro e O Pino (provincia da Coruña).

O Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, regula no seu artigo 5 o procedemento para a declaración do impacto ambiental, establecendo no punto 2º do dito artigo a necesidade de someter a información pública o estudio do impacto ambiental durante un período de 30 días hábiles.

Por todo isto

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de restauración forestal dunha explotación mineira nos predios de Arinteiro e Bama, nos termos municipais de Touro e O Pino, na provincia da Coruña, durante un prazo de 30 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo.-Para os oportunos efectos informativos, poñeranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

San Lázaro, s/n.

15703 Santiago de Compostela.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

Edf. Servicios Múltiples.

Salvador de Madariaga, s/n.

15008 A Coruña.

As alegacións formularanse durante o prazo de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1998.

Tomás Fernández Couto-Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural

8986