Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. desviación Santa Baia.
Situación: A Cañiza.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 140 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 35 da L.M.T. A Frieira-A Cañiza rematando no C.T. existente de Santa Baia, Concello da Cañiza.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características
se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 14 de setembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
9029