Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 21 de outubro de 1998 Páx. 11.373

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000297/1998-JR interposto polo centro privado San Fernando, de Vigo (Pontevedra).

Recibido escrito do presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0000297/1998/JR, interposto polo centro privado San Fernando de Vigo, contra Resolución do 3 de decembro de 1997, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sobre denegación de axuda económica para dúas unidades de educación infantil ó centro privado San Fernando de Vigo.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e se emprazan para que poidan comparecer en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1998.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

9150