Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 20 de outubro de 1998 Páx. 11.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación, por concurso con procedemento aberto, do proxecto de pavimentación e capa de rodadura en Souto e outras.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: secretaría. Obxecto do contrato: o indicado no proxecto. Prazo de execución. catro meses. Forma: concurso. Tipo de licitación: 35.000.000 de ptas. Garantía provisional: 700.000 ptas. Garantía definitiva: 1.400.000 ptas. Obtención de documentación: na secretaría xeral. Información: chamando ó Concello da Estrada, teléfono 981 57 01 65 extensión 15. Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. Documentos que hai que presentar. Sobre 1. Documento xustificativo da personalidade, (declarado bastante se é o caso). Declaración de non estar incurso nos supostos do artigo 20 da Lei 13/1995. Xustificante de estar ó día nas obrigas tributarias e da Seguridade Social. Documento xustificativo da clasificación da empresa no grupo G), subgrupo 4) e categoría d). Xustificante de ter constituída a fianza provisional. Sobre nº 2. Oferta económica adaptada ó modelo.

Sobre nº 3. Melloras ó proxecto, adoptada ó modelo, consistentes en realización doutras pavimentacións. Rógase a non presentación de documentos non solicitados. A apertura dos sobres terá lugar, en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser inhábil ou sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 22 de setembro de 1998.

O alcalde

Rubricado