Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 20 de outubro de 1998 Páx. 11.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de setembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Rita VII.

Visto o expediente incoado por Natalia Gómez Torres, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominado Rita VII, outorgado pola orde ministerial do 25-11-1974, situado na cuadrícula nº 1, do polígono G do Grove, rematando a concesión o 14-12-2004, e do que era titular Jacinto Padín Ferreiro.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a relación de bens, o testamento e a documentación acreditativa da presen

tación ó pagamento ou pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta cosnellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Natalia Gómez Torres (76.839.323) e Rita Padín Ferreiro (76.848.059).

As novas titulacións subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, e quedan obrigadas a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 8 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

8920