Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 20 de outubro de 1998 Páx. 11.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/299-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Sada (Mosteirón).

Situación: Sada.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al. De 193 m de lonxitude, con orixe no apoio a paso aéreo-subterráneo, C.T. Sada Pazos e remate no C.T. Fontán-Cemiterio. De 465 m de lonxitude, con orixe no C.T. Fontán Lavadeiro e final no C.T. Fontán. De 983 m de lonxitude, con orixe no C.T. Fontán e remate no enlace liña a C.T. frente de Xuventudes. (Expediente 5080). De 293 m de lonxitude, con orixe no C.T. frente de Xuventudes e remate no C.T. Párroco Villanueva. De 745 m de lonxitude, con orixe no C.T. Párroco Villanueva e remate no C.T. Sada Telleira. Reforma dos CC.TT. Fontán de 400 kVA, Párroco Villanueva de 400 kVA e Sada Telleira de 630 kVA. RR.BB.TT. sobre apoios formigón e conductor R.Z. de 949 m de lonxitude desde C.T. Barrié de la Maza e de 413 m de lonxitude desde C.T. Granxa. (Expediente 26425). Sada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de setembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

8992