Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 20 de outubro de 1998 Páx. 11.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/296-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: tramo Subtr. entre apoios 8A e 12A, L.A.T. Cornido-Sta. Mariña.

Situación: Narón.

Características técnicas: modificación do tramo de liña eléctrica de alta tensión, en doble circuíto, a 132 kV, nomeada Cornido-Santa Mariña, ó seu paso pola zona de Santa Cecilia, no concello de Narón. Liña eléctrica subterránea de alta tensión, a 132 kV, en dobre circuíto, baixo tubo e con conductor tipo R.H.Z. 1-76/132 kV, de 400 mm Al, entre os apoios nº 8A e 12A, de 605 m de lonxitude, discorrendo pola zona axardinada, da mediana na rúa Solaina, seguida do tramo de 246,6 m no predio particular ata torre paso subterráneo-aéreo. Narón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de setembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

8990