Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 20 de outubro de 1998 Páx. 11.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/54-2, 4935 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. para Pacio y Fraíz (Mondoñedo).

Situación: Mondoñedo.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 100 metros de lonxitude sobre torres metálicas en conductor LA-30. Centro de transformación de 630 kVA prefabricado relación 20.000/380-220 V. Liñas de baixa tensión en conductor R.V.-95 de 150 mm.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 14 de setembro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8958