Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 20 de outubro de 1998 Páx. 11.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/144-2, 5041 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: cela, L.M.T., cambio 2 apoios en central de Tronceda (Mondoñedo).

Situación: Mondoñedo.

Descricións técnicas: instalación cela de media tensión. Liña de media tensión subterránea en D.H.Z. 1 cunha lonxitude de 21 metros e substitución de dous apoios metálicos en central hidroeléctrica de Tronceda e liña de media tensión Tronceda-Pontenova.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 1 de setembro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8953