Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 16 de outubro de 1998 Páx. 11.240

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de setembro de 1998 pola que se adxudican axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de escolas-fogar.

Por Orde do 27 de maio de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 27 de xuño) convócanse axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de esolas-fogar e regúlase o seu outorgamento no presente exercicio económico.

A comisión constituída segundo establece o punto quinto da orde da convocatoria, en reunión celebrada

o día 18 de setembro de 1998, acordou propoñe-la adxudicación das ditas axudas, por tanto esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlles axudas ós concellos titulares de escolas fogar solicitantes que se relacionan no anexo I desta orde, nas contías que se indican.

Segundo.-Modifícase o apartado sétimo da orde de convocatoria facéndose un único pagamento, sempre que o beneficiario xustifique, con certificación do secretario co visto e prace do alcalde, a totalidade

dos gastos realizados, con anterioridade ó 15 de novembro de 1998.

Santiago de compostela, 21 de setembro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Concello da Fonsagrada: 813.560 ptas.

Concello de Quiroga: 2.033.898 ptas.

Concello de Sarria: 3.152.542 ptas.

9385